viernes, 17 de mayo de 2024

Tinta do mar

17 de maio. Día das Letras Galegas. Luisa Villalta.
Tinta do mar

Tinta do mar, escrebo, cando toca

as escumas da letra e o seu son

obstinado de baixo contra a roca

da man a producí-lo en percusión.



Rítmico, o pensamento, o son mais leve.

cai goleando o tempo reincidente

ao muíño teimoso que recebe

a água azul-negra da memória quente.



Así, tinta do mar, e logo nube

a pairar sobre os ciclos deste mundo.

Estrépito é o eco cando sube

da escura palabra en que me fundo.



E o mar, interminábel danza, borra

o nome escrito sen que o ritmo morra.

 

Vídeo cos membros do desaparecido grupo Quinta Feira, Marcos Seixo, Tito Maquieira, Toño Dominguez e Roi Xesteira, interpretaron, entre outras pezas, Tinta do mar de Luisa Villalta.


 

 

sábado, 11 de mayo de 2024

Tras os pasos da pluma de Wenceslao.

O sábado 11 de maio de 2024 en Villa Florentina, sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, tivo lugar o primeiro evento público que convoca a Asociación Cultural Club Estilográfico Noroeste.

O acto comezou cunha pequena introdución ao tema proposto: Parker 61, Parker 51 e Parker 21.

Uniuse a nós Laura, da canle de YouTube @azaharaletras, e Borja. Laura coordina tamén as webs azaharaestilograficas.com e azaharaletras.com. Amosounos as súas estilográficas Parker, entre elas esta venerable preciosidade de Parker 61 Mk I.


Foi unha mañá moi agradable na que compartimos as nosas estilográficas, probámolas, algunha foi desarmada e armada ( non sobrou nin faltou ningunha peza ). Tivemos a sorte de ver como é o interior do mecanismo de carga por capilaridade dunha Parker 61 ( Non o proben na súa casa  ), xa que correspondía a unha peza rota.

Houbo momento para risas, tomas falsas, para un bo café ou té acompañado de ricos biscoitos, todo iso en moi boa compañía.

Grazas a Alicia e a Teresa, da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, por facernos sentir como na casa.

O evento de xuño de 2024 será unha colaboración coa Fundación, un obradoiro de estilográficas para a mocidade e tamén para non tan novos.

Se queredes ver o vídeo de Laura, podes facelo aquí.


 

Referencia de prensa La Voz de Galicia sobre a reunión:

La Voz de Galicia, xoves 9 de maio de 2024.









sábado, 20 de abril de 2024

Constitución do Club estilográfico Noroeste

O dezasete de novembro de 2023, un grupo de aficionados galegos ás estilográficas decidimos dar un paso adiante e constituirnos en asociación cultural: o Club Estilográfico Noroeste. 

Para o acto de fundación contamos co apoio e a colaboración da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, que tivo a amabilidade de poñer a súa sede, a casa-museo do escritor galego, en Cecebre, á nosa disposición, dándonos así un espazo incomparable, e seguramente cheo dos mellores augurios, que serviu como berce da recén nacida. Moitas grazas á fundación.


El diecisiete de noviembre de 2023, un grupo de aficionados gallegos a las estilográficas decidimos dar un paso adelante y constituirnos en asociación cultural: el Club Estilográfico Noroeste.

Para el acto de fundación contamos con el apoyo y la colaboración de la Fundación Wenceslao Fernández Flórez, que tuvo la amabilidad de poner su sede, la casa-museo del escritor gallego, en Cecebre, a nuestra disposición, dándonos así un espacio incomparable, y seguramente lleno de los mejores augurios, que sirvió como cuna de la recién nacida. Muchas gracias a la fundación.




miércoles, 2 de noviembre de 2022

Pelikan Hubs

 

 Pelikan Hubs.



 

El viernes 18 de noviembre, en cientos de ciudades de todo el mundo, se celebra un evento simultáneo el Pelikan Hubs.

 


Nuestra ciudad, A Coruña, es una de las cuatro ciudades en España donde se va a celebrar.

 


Para más información de qué es este evento pica AQUÍ.